martes, 17 de marzo de 2015

Niños comentando fotos de África en torno al fútbol




"Fútbol que fala"
San Sadurniño, 2015

En febreiro de 2015 inaugúrase na Casa do Concello de San Sadurniño a exposición "Fútbol que fala".
Unha mostra fotográfica formada por 20 imaxes realizadas polo fotógrafo Gabriel Tizón en Arxelia, Senegal, Guinea Bissau e Gambia e comentadas por 17 nenas e nenos do Club de Fútbol San Sadurniño e Aldea de Verán, co ánimo de sensibilizar e unir aos cativ@s de Galicia e África.
Os comentarios graváronse e despois uníronse ás fotografías nun audiovisual.
"As imaxes cobran unha nova dimensión chea de ricas reflexións xurdidas da inocencia infantil, capaz de reparar en pequenos detalles alleos á percepción adulta.
"Fútbol que fala" ofrece ducias de lecturas nas que o fútbol é só unha escusa, un punto de arranque para que vexamos destellos de ilusión e felicidade no medio da miseria como contrapunto da competitividade, das aínda presentes desigualdades de xénero e do artificio material no que medran as sociedades do norte". Da web do Concello
"Fútbol que fala" móstranos todo o que nos separa e, sobre todo, o que nos une con África, tomando o deporte como fío condutor.
A mostra organizada pola Concellaría de Cultura é froito da colaboración entre Gabriel Tizón, Aula CeMIT, C. F. San Sadurniño e Departamento de Igualdade. 

No hay comentarios: